
Clúster de Turismo
@clustergalicia
O Clúster Turismo de Galicia é un sistema ordenado de cooperación entre entidades que fomenta as actividades de colaboración dentro do sector turístico.
ID: 2884122538
http://clusterturismogalicia.com/ 19-11-2014 14:40:40
8,8K Tweet
5,5K Followers
513 Following

El Clúster de Turismo y la Xunta impulsan un sector más sostenible. tur43.es/turismo-norte-…

📍 Esta mañá, o presidente do Clúster de Turismo, Cesareo G. Pardal, participou na Mesa de Calidade do xeodestino Terra de Celanova - Serra do Xurés, celebrada en Padrenda. Un encontro para seguir a fortalecer un destino que combina patrimonio, natureza e autenticidade.


Hoxe estivemos no Encontro sectorial de turismo, hostalaría e industrias alimentarias, do Plan Conecta FP Galicia. 🗣 "Queremos prestixiar o sector e as profesións turísticas, visibilizar o papel dos profesionais", sinalou o presidente do Clúster de Turismo, Cesareo G. Pardal.


O presidente do Clúster de Turismo, Cesareo G. Pardal, participou este martes na inauguración do II Congreso ‘Conecta & Lidera’, un foro internacional organizado por Asicotur que converte a #Galicia en punto de encontro para o turismo de #congresos.




👥 O Clúster de Turismo participou onte nun encontro entre profesionais de #RíasBaixas (Deputación Pontevedra) e #Huelva (Diputación de Huelva) para afontar no potencial do enoturismo como motor turístico. Por parte do Clúster asistiron o presidente, Cesareo G. Pardal, e a vogal, Mar Rodríguez.


♨️ Turismo de Galicia organiza unha xornada informativa sobre as liñas de axudas enmarcadas dentro do Plan de #TurismoTermal. Para inscribirte envía un correo a [email protected] co teu nome e apelidos, correo electrónico, teléfono e nome do establecemento (se procede).


📢 Bos días, Clúster de Turismo ! Son Damián, da UDC. Estamos a facer unha enquisa sobre percepción climática turística nas Rías Baixas. Agradeceriamos moito se puiderades difundila entre os vosos membros: 📷 forms.gle/gJ1KLHafvmbtks……É moi breve. Grazas pola axuda!


📬 Queres estar ao día de todo o que acontece no #sectorturísticogalego? Cada semana, no boletín do Clúster de Turismo, reunimos as novidades máis destacadas. Información útil e actual, directamente no teu correo. Subscríbete en clusterturismogalicia.com/boletin

🎥 Así foi o #workshop organizado polo Clúster de Turismo en #Valencia, con 26 empresas galegas, Turismo de Galicia, #GaliciaDestinoSostible e Turismo de Sanxenxo presentando unha oferta turística comprometida coa sustentabilidade e o valor do territorio.

🇵🇹 Dentro vídeo! Galicia conquistou O Porto co #workshop organizado polo Clúster de Turismo. 🌿 26 empresas galegas, Turismo de Galicia, #GaliciaDestinoSostible, Turismo de Sanxenxo, e moitas ganas de seguir construíndo pontes a través dun turismo sostible e de calidade.

🗺 Comeza Turexpo Galicia 2025! No espazo do Clúster de Turismo xa recibimos aos primeiros visitantes. Ata o domingo estaremos representando ao sector neste encontro estratéxico para o turismo galego. #TurexpoGalicia


🌾 Onte arrincou a 47ª Feira Internacional @semanaverde cun acto inaugural ao que asistiu o vicepresidente do Clúster de Turismo, Jesús Picallo. 👉 Neste marco celébrase tamén Turexpo Galicia, salón turístico de referencia no que o Clúster conta con stand propio.
