
Innova Campo Galego
@innovacampogal
Innova Campo Galego é un portal para divulgar o traballo de investigación e innovación no sector agrogandeiro, forestal e agroalimentario de Galicia
ID: 1708807258539249664
https://innova.campogalego.gal 02-10-2023 11:33:27
208 Tweet
33 Followers
5 Following

O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático caprifcc, desenvolverá ata finais de novembro 13 actividades en montes de alto valor natural, organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio #AGCT. innova.campogalego.gal/ganderia/activ…

Entrevista a Juan Martínez-Barberá, responsable de I+D+i e Director técnico de #BodegasEnguera, un dos socios do proxecto GO PRERIVID: "Predición de necesidades hídricas do viñedo para un uso sostible da auga de rega” en Galicia, Castela e León e Valencia innova.campogalego.gal/vina/grazas-ao…

O vindeiro 26 de maio ás 10h celebrarase no Salón de Actos do edificio #CACTUS a xornada de exposición de resultados dos Proxectos Colaborativos de Campus Terra USC 2024-2025 presentar avances relevantes en saúde, tecnoloxía, medio ambiente e alimentación. innova.campogalego.gal/campus-terra/o…


🗣️ Entrevista a Mar Vilanova de la Torre Investigadora do CSIC no Instituto de Ciencias de la Vid y del #Vino (ICVV), unha das entidades socias do proxecto "GO PRERIVID: Predición de necesidades hídricas do #viñedo para un uso sostible da auga de rega”🍇 innova.campogalego.gal/vina/o-uso-de-…

A segunda edición dos Proxectos colaborativos do Campus Terra USC, correspondente á anualidade 2024-25, financia 10 traballos nos que participan grupos das distintas facultades en temáticas como a produción de leite, o medio ambiente ou o ámbito forestal. innova.campogalego.gal/campus-terra/q…

Entrevista ao investigador David Fernández Calviño, quen dende a Universidade de Vigo, liderou en #Galicia o proxecto europeo SoildiverAgro, iniciativa que nos últimos anos ensaiou na Limia novas prácticas e sistemas de cultivos que melloren a biodiversidade do solo. innova.campogalego.gal/agricultura/o-…

A Facultade de Ciencias do campus de Ourense (Universidade de Vigo) acolleu este mércores a xornada #Net4FoodMatching: Un encontro para impulsar a colaboración entre o tecido empresarial e os grupos de investigación do sector alimentario de Galicia e Norte de Portugal. innova.campogalego.gal/agroalimentaci…

Co obxectivo de impulsar a transformación sostible das comunidades rurais europeas mediante innovacións técnicas, sociais e organizativas, o proxecto #STORCITO comezou este mes de maio liderado pola Universidade de Vigo. innova.campogalego.gal/forestal/storc…



🗣 Entrevistamos a Iván Area, profesor de Matemática Aplicada no Campus de Ourense (Universidade de Vigo) e un dos investigadores que está a desenvolver o #software para predicir a expansión da #velutina e apoiar ás entidades que loitan contra esta especie invasora. innova.campogalego.gal/uncategorized-…




Investigadores do Campus Terra USC desenvolven unha máscara facial, #Bovimasc, capaz de medir as emisións entéricas do gando para saber canto metano produce cada vaca, e así poder seleccionar animais pola súa eficiencia medioambiental. innova.campogalego.gal/campus-terra/b…


#DIHDatalife organiza un curso presencial titulado “Aplicación da IoT á industria agropecuaria mediante tecnoloxía #LoRaWAN”, que se celebrará do 4 ao 18 de xullo de 2025, en horario de 10:30 a 14:00 horas, nas instalacións de AGACA. Máis información: innova.campogalego.gal/agroalimentaci…

A @Misión Biolóxica de Galicia (Biomision-CSIC Galicia) participa en dúas redes de investigación financiadas pola Axencia Estatal de Investigación (#AEI), no marco do Programa Estatal de Transferencia e Colaboración 2024-27. Podes ler o artigo completo: innova.campogalego.gal/agricultura/a-…

Entrevista ao investigador Juan José Villaverde sobre #SoilWineResidues, proxecto de Interreg SUDOE coordinado pola Misión Biolóxica de CSIC Galicia, que aposta por valorizar os residuos do #viñedo e potenciar a #economíacircular no sector #vitivinícola. innova.campogalego.gal/agricultura/ca…