
Carballo Interplay
@interplayfest
✨ Festival de contidos dixitais 🗓 #Interplay2025: Do 24 ao 27 de abril 🖥 En Carballo e en streaming!
ID: 2316282518
https://linktr.ee/carballointerplay 29-01-2014 00:58:17
3,3K Tweet
2,2K Followers
2,2K Following

Unha das cousas que máis nos emociona é ser un espazo de recoñecemento para o contido dixital en galego. Noraboa, O Faiado Podcast, a Prado Rúa e todos os proxectos nominados. É unha sorte tervos. 🌪 #Interplay2024 🖥 En Carballo e en streaming! 🔗 i.gal/streamings-cip


É un gran fito que o Carballo Interplay recoñeza a labor das creadoras dixitais en galego. Oxalá máis espazos se abran para o noso traballo, que xa forma parte da cultura galega!




Un Carballo Interplay diverso, que reúne ás creadoras do País, que aborda cuestións de xénero, tendencias, medioambiente, cultura, política, memes, humor ou xeitos de combater discursos de odio. Grazas por ser esta edición, amigues. E paro xa ata o 2025 🩷 youtube.com/watch?v=1lyvmw…


Paseino moi ben no Carballo Interplay. Coñecín xente pavera, comín arroz negro gratis, fixen unha amiga en Raquel Piñeiro,cantei Paquita la del barrio e mesmo estiven a piques de dicir "isto máis que unha pregunta é unha reflexión". Toda unha escola de vida youtube.com/watch?v=1lyvmw…


Moito máis que unha froita, un símbolo de protesta e resistencia do pobo palestino 🍉 Polo alto ao fogo inmediato e sen condición. #Interplay2024 Coordinadora Galega de ONGD


Moi agradecidas unha edición máis pola gran labor levada a cabo por Acopros Galicia para facer un festival máis inclusivo para todas. 🌪 #Interplay2024 🖥 En Carballo e en streaming! 🔗 i.gal/streamings-cip



O último podcast de Café Derby 21 gravouse no Carballo Interplay e inclúe vídeo. O programa, que podes ver en VINTE, falou con Blondiemuser, Paula Jorge, Pablo Meixe e a tamén actriz Lidia Veiga vinte.praza.gal/multimedia/caf…

Estivemos no Carballo Interplay facendo o Petiscos no Derby con grandes creadoras galegas. Este foi o consello de Paula Jorge os mozos e mozas do público.




