MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile
MeteoGalicia

@meteogalicia

Perfil oficial de MeteoGalicia | Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático | @Xunta

ID: 287612659

linkhttps://www.meteogalicia.gal calendar_today25-04-2011 10:17:03

13,13K Tweet

131,131K Followers

1,1K Following

MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Non está mal o mapa debido ao seguinte🧐 ▪️Nos vindeiros días #Galicia non superará os 30ºC xa que continuará o descenso das temperaturas📉 ▪️Semana de primavera con situacións intermedias entre altas e baixas presións🌥️🌤️🌦️ ▪️Posible chegada de frontes pouco activas polo norte

Non está mal o mapa debido ao seguinte🧐

▪️Nos vindeiros días #Galicia non superará os 30ºC xa que continuará o descenso das temperaturas📉
▪️Semana de primavera con situacións intermedias entre altas e baixas presións🌥️🌤️🌦️
▪️Posible chegada de frontes pouco activas polo norte
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Comezamos a semana coas altas presións desprazadas ao leste de Azores e xerando nordés intenso que achega aire frío a #Galicia. Teremos así máis nubes canto máis ao norte, onde non se descarta algunha chuvia feble pola noite. As temperaturas📉baixas para a época do ano.

Comezamos a semana coas altas presións desprazadas ao leste de Azores e xerando nordés intenso que achega aire frío a #Galicia. 

Teremos así máis nubes canto máis ao norte, onde non se descarta algunha chuvia feble pola noite. As temperaturas📉baixas para a época do ano.
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Notouse o descenso de temperaturas máximas📉nesta xornada coa entrada de masas de aire máis frescas desde o #Atlántico, con valores máis altos na metade sur e por debaixo dos 15ºC no norte.

Notouse o descenso de temperaturas máximas📉nesta xornada coa entrada de masas de aire máis frescas desde o #Atlántico, con valores máis altos na metade sur e por debaixo dos 15ºC no norte.
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Na imaxe vese a chuvia prevista cada seis horas de hoxe e os 3 vindeiros días. Temos dous episodios con chuvia pouco cuantiosa: ▫️Esta noite unha fronte pouco activa deixará chuvias febles na metade oeste. ▫️O xoves unha fronte cálida con orballos nas provincias atlánticas.

Na imaxe vese a chuvia prevista cada seis horas de hoxe e os 3 vindeiros días. Temos dous episodios   con chuvia pouco cuantiosa:
▫️Esta noite unha fronte pouco activa deixará chuvias febles na metade oeste.
▫️O xoves unha fronte cálida con orballos nas provincias atlánticas.
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Hoxe tivemos a visita de dous grupos de 1º ESO do IES Gonzalo Torrente Ballester de #Pontevedra. A radiosondaxe viaxou cara ó sur e rematou caendo no interior da provincia de Pontevedra. Moitas grazas pola vosa participación e ánimo que xa o verán ven de camiño!🤗

Hoxe tivemos a visita de dous grupos de 1º ESO do IES Gonzalo Torrente Ballester de #Pontevedra.
 A radiosondaxe viaxou cara ó sur e rematou caendo no interior da provincia de Pontevedra. 
Moitas grazas pola vosa participación e ánimo que xa o verán ven de camiño!🤗
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Situación intermedia entre altas e baixas presións con ventos do oeste achegando humidade dende o mar. ▫️Hoxe os restos dunha fronte traen unha mañá de chuvias febles, máis probables ao oeste. Pola tarde 🌤️ ▫️Mañá, ceos ☁️ e chuvias febles no oeste.

MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Hoxe os ventos do oeste achegan moita humidade deixando☁️e chuvias febles na franxa atlántica. As temperaturas sen cambios, con valores baixos para a época do ano. Será a partir do domingo cando a entrada dunha masa de aire cálido traerá temperaturas elevadas a #Galicia 👇

Hoxe os ventos do oeste achegan moita humidade deixando☁️e chuvias febles na franxa atlántica. As temperaturas sen cambios, con valores baixos para a época do ano.

Será a partir do domingo cando a entrada dunha masa de aire cálido traerá temperaturas elevadas a #Galicia 👇
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Na animación do radar vemos a chuvia asociada á chegada dunha fronte pouco activa polo noroeste. Trae ceos nubrados e chuvias de pouca intensidade. De cara á fin de semana☀️irá entrando o anticiclón con tempo seco e ascenso das temperaturas.

MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Durante a fin de semana iremos quedando progresivamente baixo influencia anticiclónica, xa con circulación do nordés o domingo, cando teremos tempo seco, soleado☀️e temperaturas 📈 #FelizFinDeSemana

MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Como vemos na situación sinóptica o anticiclón está centrado ó oeste de Azores e irá achegándose na fin de semana. Así teremos aínda hoxe bastantes nubes, sobre todo na metade norte, pero que xa mañá irán desaparecendo. Imos cara uns días de tempo seco☀️e calor. #FelizSábado

Como vemos na situación sinóptica o anticiclón está centrado ó oeste de Azores e irá achegándose na fin de semana. Así teremos aínda hoxe bastantes nubes, sobre todo na metade norte, pero que xa mañá irán desaparecendo.
 Imos cara uns días de tempo seco☀️e calor.

#FelizSábado
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Na imaxe inferior vemos a predición de temperaturas de hoxe e os tres vindeiros días. Están en progresivo ascenso📈 ▪️Domingo e luns: tempo seco e soleado☀️subindo as temperaturas. ▪️Xa o martes, aínda que con temperaturas altas, volveremos falar de treboadas⚡️

Na imaxe inferior vemos a predición de temperaturas de hoxe e os tres vindeiros días. Están en progresivo ascenso📈
▪️Domingo e luns: tempo seco e soleado☀️subindo as temperaturas.
▪️Xa o martes, aínda que con temperaturas altas, volveremos falar de treboadas⚡️
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Comezamos o segundo domingo de xuño con esta fermosa imaxe da lagoa de #Cospeito #TerraChá Temos néboas matinais e nubes baixas que se irán disipando e darán paso a tempo seco e soleado☀️ e con temperaturas📈 Atención ó índice ultravioleta que xa está en 8 (moi alto).

Comezamos o segundo domingo de xuño con esta fermosa imaxe da lagoa de #Cospeito #TerraChá 
Temos néboas matinais e nubes baixas que se irán disipando e darán paso a tempo seco e soleado☀️ e con temperaturas📈
 Atención ó índice ultravioleta que xa está en 8 (moi alto).
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Este ano celebramos o 25 Aniversario de MeteoGalicia. Queremos mostrar o noso agradecemento á xente que nos apoiou estes anos: Grazas! Lonxe queda xa a nosa primeira predición, pero a ilusión por levar a nosa achega meteorolóxica á sociedade galega é a mesma do primeiro día🥹

Este ano celebramos o 25 Aniversario de MeteoGalicia. Queremos mostrar o noso agradecemento á xente que nos apoiou estes anos: Grazas!

Lonxe queda xa a nosa primeira predición, pero a ilusión por levar a nosa achega meteorolóxica á sociedade galega é a mesma do primeiro día🥹
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Temos influencia anticiclónica chegando unha masa de aire cálido 🧐 -Máximas de máis de 36ºC no Miño de Ourense e Valdeorras e 34ºC no Miño de Pontevedra. -Mar de vento forza 7 nos arredores de Bares. -Vense no satélite nubes de evolución no leste. Mañá maior potencial treboento

Temos influencia anticiclónica chegando unha masa de aire cálido 🧐 
-Máximas de máis de 36ºC no Miño de Ourense e Valdeorras e 34ºC no Miño de Pontevedra.
-Mar de vento forza 7 nos arredores de Bares.
-Vense no satélite nubes de evolución no leste. Mañá maior potencial treboento
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Xornada de verán en #Galicia🌤️con circulación do nordés que deixou os ceos na #Mariña☁️. Os valores máximos foron para🌡️: #Leiro 38.2ºC 🟡 #Ourense 37.6ºC🟡 #SalcedadeCaselas 36.7ºC🟡

Xornada de verán en #Galicia🌤️con circulación do nordés que deixou os ceos na #Mariña☁️. Os valores máximos foron para🌡️:
#Leiro 38.2ºC 🟡
#Ourense 37.6ºC🟡
#SalcedadeCaselas 36.7ºC🟡
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Como vemos na situación sinóptica, hai un embolsamento de aire frío ó oeste de Portugal. Xenerará inestabiidade atmosférica, con treboadas⚡️ ó final do día e á noite, con chuvias localmente fortes, máis probables no oeste. Altas temperaturas🥵 xa baixando mañá mércores📉

Como vemos na situación sinóptica, hai un embolsamento de aire frío ó oeste de  Portugal. Xenerará inestabiidade atmosférica, con treboadas⚡️ ó final do día e á noite, con chuvias localmente fortes, máis probables no oeste. 
Altas temperaturas🥵 xa baixando mañá mércores📉
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Nesta xornada tan calorosa tivemos aquí en MeteoGalicia a visita do CEE Manuel López Navalón de #SantiagoDeCompostela . Grazas! Os ventos do sur e suroeste nas distintas capas da atmosfera levaron o globo cara o noroeste, non saíndo da provincia de #ACoruña

Nesta xornada tan calorosa tivemos aquí en MeteoGalicia a visita do CEE Manuel López Navalón de #SantiagoDeCompostela . Grazas!
Os ventos do sur e suroeste nas distintas capas da atmosfera levaron o globo cara o noroeste, non saíndo da provincia de #ACoruña
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Nos vindeiros 3 días agárdanse altas concentracións de partículas PM10 e PM2.5 debido a unha intrusión de po Sahariano. Por favor siga as recomendacións para protexer a súa saúde. meteogalicia.gal/web/ica/portada

Nos vindeiros 3 días agárdanse altas  concentracións de partículas PM10 e PM2.5 debido a unha intrusión de po Sahariano.
Por favor siga as recomendacións para protexer a súa saúde.
meteogalicia.gal/web/ica/portada
MeteoGalicia (@meteogalicia) 's Twitter Profile Photo

Comezan a chegar os primeiros chuvascos polo sur de Pontevedra 👇 Co avance das horas aumentará a inestabilidade ⛈️ 🟡Lembramos que desde as 00h ata as 06h de mañá mércores toda #Galicia está en aviso de nivel amarelo por treboadas con chuvias localmente fortes e sarabia.

Comezan a chegar os primeiros chuvascos polo sur de Pontevedra 👇
Co avance das horas aumentará a inestabilidade ⛈️

🟡Lembramos que desde as 00h ata as 06h de mañá mércores toda #Galicia está en aviso de nivel amarelo por treboadas con chuvias localmente fortes e sarabia.