
Táboas
@taboas_gal
Moito do que pasa sobre os escenarios en Galicia, contado en galego e para o público. Dúas veces ao ano en papel, e moito máis a miúdo na web e nas redes.
ID: 1628685581440909315
http://taboas.gal 23-02-2023 09:18:15
254 Tweet
89 Followers
140 Following

Do 19 de outubro ao 25 de novembro, Sala Ártika celebrará a quinta edición de Comediártiko, un ciclo de teatro dedicado á comedia. Participarán compañías de toda España e Galicia, incluíndo A Panadaría e De Ste Xeito Producións. taboas.gal/humor-sen-fron…






O actor Roberto Leal respondeu o noso 'Fóra do drama’ despois de recibir a encarga de César Cambeiro Q para continuar a cadea. 📩 Recibe estes contidos en exclusiva subscribíndote ao noso boletín Entre Táboas: i.gal/entretaboas taboas.gal/fora-do-drama-…

Falamos coa produtora Belén Pichel sobre o seu día a día no mundo do teatro e a súa experiencia á fronte da compañía Contraproducións. Con máis de vinte anos de traxectoria, comparte connosco os retos e aprendizaxes dunha vida entre bastidores. taboas.gal/un-dia-na-vida…

Dirixida por Andrea Jiménez e producida en colaboración con Barco Pirata e Teatro de La Abadía, a obra ‘Casting Lear’ fíxose co premio do público na 33ª edición do FIOT Carballo. taboas.gal/a-maxia-de-sha…

Con texto de @joseprietor e baixo a dirección de Tito Asorey, ‘Go Home’ convida á reflexión sobre un tema actual, os efectos do turismo masivo. Os actores David Amor e Josito Porto converten esta comedia nunha experiencia inquietante. taboas.gal/go-home-o-turi…




A Sala Ártika de Vigo acolle esta fin de semana a estrea de ‘Non Pasarán’, o novo espectáculo de Ártika Cía. Poderá verse o 23 de novembro ás 20.00 h e o 24 de novembro á mesma hora. Ademais, tras a función do domingo, haberá un coloquio co equipo. taboas.gal/o-teatro-como-…





A compañía estará do 17 ao 19 de xaneiro no Teatro Colón Coruña con 'Leira', 'Berro' e 'Dique' celebrando o seu 20º aniversario. Os convites, de balde ata completar a capacidade, poden retirarse en Ataquilla.com. taboas.gal/nova-galega-de…
