
Universidade da Coruña
@udc_gal
En constante movemento
ID: 275583016
http://udc.gal 01-04-2011 15:36:52
21,21K Tweet
36,36K Followers
491 Following



👩🏻⚖️🧑🏻⚖️Arrancan en Facultade Dereito UDC os xuízos simulados do curso de responsabilidade civil "Veredicto Exemplar". ⚖️Esta formación, organizada pola Cátedra FI-UDC, traerá á sala de vistas de Dereito 3 días de formación para profesionais da maxistratura, a avogacía e aseguradoras.


#CIFaoDía A Facultade de Humanidades e Documentación acolle estes días un hackathon sobre finanzas persoais sostibles organizado no marco do Proxecto Europeo Eramus+ ImpactFinance e no que participan máis de 40 estudantes de grao e de máster da UDC Universidade da Coruña Facultade de Humanidades e Documentación, UDC




A alumna da Facultade de Facultade Dereito UDC Ana Torres interveu ante o Parlamento Europeo como consecuencia dunha actividade práctica da materia Dereito da Unión Europea para presentar unha petición que trate de acelerar a chegada das axudas europeas ás persoas afectadas pola DANA.


A vicerreitora de Igualdade e Diversidade Cristina López reuniuse esta mañá coa responsable da Área de Igualdade da Deputación da Coruña, Soledad Agra, para tratar a problemática actual do galego e explorar iniciativas que se poderían desenvolver desde a #UDC sobre este asunto.




O profesor do Depto. de Enxeñaría Naval e Industrial da #UDC Raúl Villa Claro fálanos neste artigo publicado en The Conversation ES das enerxías renovables mariñas, un dos recursos enerxéticos máis potentes do mundo. 🔗Podes consultar aquí o artigo completo: bit.ly/RVCTheConv



A UDC aprobou en Consello de Goberno a proposta de prazas de grao e máster para o curso 25/26, que será enviada á Xunta de Galicia para visto e prace. Outros puntos que se trataron foron o cese da actividade en X e o expediente de desafectación de Serantes . 🔗bit.ly/CG30Xan


O SUGxPalestina organiza un club de lectura o vindeiro 13/3, en formato online, por grupo de Telegram e videochamada. 📘Título:O azul entre o ceo e auga ✍🏽Autora: Susan Abulhawa 🛰️ Tradutora: Rocío Viéitez Ferro 📚Editora: Edicións Laiovento 🔗Inscríbete aquí: bit.ly/CLSUGXPAL


🧪🥼A UDC e os Museos Científicos Coruñeses organizan mañá no Aquarium Finisterrae a Feira Científica Isabel Zendal, con 14 talleres divulgativos impartidos por profesorado e alumnado da UDC. 🎟️Entrada ao aquarium gratuíta, con reserva previa. 🔗+info: bit.ly/FIsZen25


📢📅O Centro de Linguas - UDC desenvolverá desde o próximo luns, día 3 de febreiro, os cursos de galego dirixidos a membros da carreira e escola xudicial, froito dun convenio de colaboración entre a #UDC e o Consejo General del Poder Judicial #CGPJ. 🔗+info: bit.ly/CursoCGPJ


