
Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP
@agaspxunta
Conta oficial de Twitter da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) | Xunta de Galicia
ID: 1138345635386712066
https://agasp.xunta.gal/gl 11-06-2019 07:22:03
732 Tweet
1,1K Followers
48 Following



👮🏻♀️ Os aspirantes do proceso selectivo de auxiliares de policía local sometéronse ás probas de aptitude física 🏃🏻♀️ Realizaron dous exercicios: 🔹 Potencia tren inferior🔹 Resistencia xeral 📍 Estes desenvolvéronse, por primeira vez, na Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP da Presidencia, Xustiza e Deportes


🧗🏻♂️ O traballo vertical é habitual para os bombeiros e para persoal dos GES e dos servizos de protección civíl 📚 Por iso, na Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP celebramos un curso de básico en altura no que se indicaron os materiais e técnicas precisos para desenvolver estes operativos con seguridade




📝 Aínda podedes anotarvos no Curso de Xestión do estrés e do benestar e no Curso de Microexpresión e linguaxe non verbal ✍🏼 A inscrición pode realizarse na web da Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP 🔗 agasp.xunta.gal/gl/novidades/c…



🗓️ A Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP da Presidencia, Xustiza e Deportes celebrará mañá unha das xornadas máis emotivas do ano: o Día das Familias 👮🏻♀️ O alumnado da promoción de Policía Local terá a ocasión de ensinarlles ao seus seres queridos como é o día a día na Academia 👏🏼 Estamos desexando recibirvos!



👮🏻♀️ Organizamos a xornada 'Narcotráfico, criptoactivos e branqueo de capitais' xunto á Fundación Galega contra o Narcotrafico 📍 O encontro terá lugar o 12 de xuño na Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP da Presidencia, Xustiza e Deportes ✍🏼 As inscricións estarán dispoñibles desde mañá 🔗 xunta.gal/notas-de-prens…


🤝🏻 Na Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP dámoslles ás promocións de Policía Local as ferramentas para o seu futuro no corpo 👮🏻♂️ Pero os seus seres queridos contribuíron a forxar os seus caracteres e valores 👉🏼 Por iso, a Academia abre cada ano as súas portas para recibir ás familias do alumnado



🤝🏻 A Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP é, durante meses, unha segunda casa para as promocións de Policía Local 👥 Por iso, cada ano organizamos unha xornada na que as familias do alumnado teñen a ocasión de visitar as nosas instalacións e coñecer como é o día a día na Academia farodevigo.es/deza-tabeiros-…

📣 A Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP celebrou un curso de Xestión operativa e mando ⏰ Foron 24 horas de formación nas que se abordaron os marcos de ordes de cada nivel de mando, os informes operativos, as comunicacións e as remudas 👉🏼 As persoas participantes realizaron simulacións en maquetas


📘 Tras meses de formación, despedimos á 11ª promoción de oficiais 💪 A súa capacidade de esforzo e sacrificio deixaron pegada na Academia 🌳 Unha que permanecerá tamén no noso xardín onde, como marca a tradición, plantaron unha árbore como símbolo do seu paso pola Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP



📣 Continúa aberta a inscrición na xornada 'Narcotráfico, criptoactivos e branqueo de capitais' ✍🏼 Terá lugar o xoves, 12 de xuño, na Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP 📞 Podedes anotarvos ata o luns en [email protected], [email protected] e no teléfono 900 102 300
