
CTNL
@ctnl
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
ID: 26214503
https://linktr.ee/ctnl 24-03-2009 10:59:20
9,9K Tweet
5,5K Followers
3,3K Following








O segundo galardón deste ano é para Galego para peques! Un proxecto do que o xurado salientou, entre outras cousas, a calidade e estética dos seus vídeos e a xenerosidade da súa proposta á hora de compartir recursos do máis diversos. #PremiosMilPrimaveras


Velaquí un vídeo presentación de Galego para peques! #PremiosMilPrimaveras youtu.be/GxsEu96vOA0?si…

Recollen o premio Álvaro López, responsable de Galego para peques, da man de Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro de Normalización Lingüística de @pontevedrate. #PremiosMilPrimaveras


O terceiro galardón desta edición dos #PremiosMilPrimaveras é para Modo galego, actívao! da Real Academia Galega e o Concello de Ames. Conchi Cochón explica que o xurado valorou a súa coidada e rigorosa planificación que combina intervención con avaliación.



Recollen o premio Henrique Monteagudo (@QuiqueMonteagudo), presidente da Real Academia Galega, e Blas García, alcade do Concello de Ames, de mans de Rafael Domínguez, vicepresidente da Deputación Pontevedra. #PremiosMilPrimaveras



Recolle o premio Mariña Lema das mans de Iago Gordillo (Iago Gordillo), integrante do xurado. #PremiosMilPrimaveras



Toma a palabra Mónica F. Valencia (Mónica Valencia), presidenta da CTNL, quen mostra a satisfacción por unha edición máis dos #PremiosMilPrimaveras. A sexta!!!


Os #PremiosMilPrimaveras son exemplos de boas prácticas que achegan un chisco de esperanza ante os datos sociolingüísticos recentemente coñecidos. Mónica Valencia

Os catro proxectos premiados son exemplos de como impulsar a lingua galega a través do xogo, a aprendizaxe e a cohesión social. Mónica Valencia Que o espírito destes #PremiosMilPrimaveras sirvan de inspiración para outros novos.
