Gardacostas Galicia (@gardacostasgal) 's Twitter Profile
Gardacostas Galicia

@gardacostasgal

Loita contra a contaminación mariña e o furtivismo por terra, mar e aire. Salvando vidas desde 1990. (Perfil oficial da xunta.gal)

ID: 753708354502070272

linkhttp://gardacostas.xunta.gal/ calendar_today14-07-2016 21:50:49

1,1K Tweet

4,4K Followers

71 Following

Gardacostas Galicia (@gardacostasgal) 's Twitter Profile Photo

🚁 Este mércores foi a primeira vez da historia que Gardacostas colaborou nun adestramento conxuntos de busca, rescate e Salvamento Marítimo entre o helicóptero Pesca 1 e a Corporación de Prácticos do porto de Vigo. Foi todo un éxito para ambas partes. Seguimos!

Gardacostas Galicia (@gardacostasgal) 's Twitter Profile Photo

🚁 Na Ria de Pontevedra levouse a cabo un simulacro conxunto entre Gardacostas de Galicia e o Grupo de Operacións Especiais da Garda Civil, GRS (Grupo de Reserva e Seguridade). Participamos con dous dos nosos barcos e tamén co noso Helicóptero PESCA 1.

Gardacostas Galicia (@gardacostasgal) 's Twitter Profile Photo

25 de xuño, #DíaDaXenteDoMar, e como gardiáns do mesmo, celebrámolo coa satisfacción de ser o servizo que, por terra, mar e aire, garante a seguridade no noso litoral, da súa frota e da súa xente. Orgullosos de ser o escudo que protexe a costa galega e os ollos que a vixían!

🚁 O helicóptero do servizo de Gardacostas de Galicia Pesca 1 tomou estas imaxes aéreas da procesión do Carme de Vigo no seu regreso á base despois dun adestramento.

Gardacostas Galicia (@gardacostasgal) 's Twitter Profile Photo

💙 A frota de Gardacostas de Galicia engalánase con motivo da celebración do Día do Carme, Patroa e Protectora da xente do mar. Unha xornada para conmemorar todo o que nos une a todas as persoas que teñen no mar o seu medio de vida.

Gardacostas Galicia (@gardacostasgal) 's Twitter Profile Photo

🛟 Gardacostas de Galicia colabora activamente no XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebra en Ribeira, participando na seguridade marítima do evento durante todos os días (mañá e tarde) coa auxiliar de rescate do buque multipropósito RÍA DE VIGO.