D.O. Ribeira Sacra (@ribeirasacrado) 's Twitter Profile
D.O. Ribeira Sacra

@ribeirasacrado

Cuenta oficial de la D.O. Ribeira Sacra

ID: 3127431592

linkhttps://www.facebook.com/ribeirasacra.DO calendar_today29-03-2015 20:13:51

2,2K Tweet

4,4K Followers

1,1K Following

D.O. Ribeira Sacra (@ribeirasacrado) 's Twitter Profile Photo

Neste vídeo do "Especial Mulleres da D.O.", Cristina Vázquez cóntanos os seus inicios no mundo do viño, así como os viños que elaboran na adega.

D.O. Ribeira Sacra (@ribeirasacrado) 's Twitter Profile Photo

A Ribeira Sacra foi elixida como Mellor Destino Rural de España polos lectores de National Geographic. Un recoñecemento que pon en valor a singularidade da súa paisaxe, a riqueza do seu patrimonio e a autenticidade da súa viticultura.

Entre ríos e bancais, a Ribeira Sacra amósase en todo o seu esplendor. Subzona Ribeiras do Sil. -- Entre ríos y bancales, la Ribeira Sacra muestra todo su esplendor. Subzona Ribeiras do Sil.

Entre ríos e bancais, a Ribeira Sacra amósase en todo o seu esplendor. Subzona Ribeiras do Sil.
--
Entre ríos y bancales, la Ribeira Sacra muestra todo su esplendor. Subzona Ribeiras do Sil.
D.O. Ribeira Sacra (@ribeirasacrado) 's Twitter Profile Photo

Mostra de Viños da Ribeira Sacra - Pantón 🍇🍷 Este fin de semana, achegámonos á tradición vitivinícola da nosa D.O. na Mostra de Viños de Pantón. Ven probar os mellores caldos das nosas adegas e celebrar xuntos o sabor auténtico da Ribeira Sacra.

Mostra de Viños da Ribeira Sacra - Pantón 🍇🍷

Este fin de semana, achegámonos á tradición vitivinícola da nosa D.O. na Mostra de Viños de Pantón. Ven probar os mellores caldos das nosas adegas e celebrar xuntos o sabor auténtico da Ribeira Sacra.
D.O. Ribeira Sacra (@ribeirasacrado) 's Twitter Profile Photo

A viticultura da Ribeira Sacra faise en pendentes moi pronunciadas, onde cada bancal permite aproveitar o terreo para cultivar a vide. Neste 1 de maio, Día do Traballo, lembramos o esforzo de todas as persoas que coidan esta terra e manteñen viva a tradición.

A viticultura da Ribeira Sacra faise en pendentes moi pronunciadas, onde cada bancal permite aproveitar o terreo para cultivar a vide.
Neste 1 de maio, Día do Traballo, lembramos o esforzo de todas as persoas que coidan esta terra e manteñen viva a tradición.
D.O. Ribeira Sacra (@ribeirasacrado) 's Twitter Profile Photo

🌿 A Hispanic Society de Nova York visita o Pazo de La Cuesta O domingo 4 de maio, o Pazo de La Cuesta, en San Clodio de Ribas de Sil, acolleu unha visita histórica: a da xunta directiva e do consello asesor internacional da Hispanic Society Museum & Library de Nova York.

🌿 A Hispanic Society de Nova York visita o Pazo de La Cuesta

O domingo 4 de maio, o Pazo de La Cuesta, en San Clodio de Ribas de Sil, acolleu unha visita histórica: a da xunta directiva e do consello asesor internacional da Hispanic Society Museum & Library de Nova York.
D.O. Ribeira Sacra (@ribeirasacrado) 's Twitter Profile Photo

A D.O. Ribeira Sacra está presente en FENAVIN 2025, a Feira Nacional do Viño, que se celebra do 6 ao 8 de maio en Ciudad Real. No Túnel do Viño de Galicia, en colaboración con AGACAL, presentaremos 24 referencias que amosan a diversidade e a calidade dos nosos viños. 1/2

A D.O. Ribeira Sacra está presente en FENAVIN 2025, a Feira Nacional do Viño, que se celebra do 6 ao 8 de maio en Ciudad Real.

No Túnel do Viño de Galicia, en colaboración con AGACAL, presentaremos 24 referencias que amosan a diversidade e a calidade dos nosos viños. 1/2
D.O. Ribeira Sacra (@ribeirasacrado) 's Twitter Profile Photo

A D.O. Ribeira Sacra está presente en FENAVIN 2025, a Feira Nacional do Viño, que se celebra do 6 ao 8 de maio en Ciudad Real. 2/2

Este ano, a Reunión Anual da Federación Española de Bancos de Alimentos celebrouse en Galicia, e tivemos a honra de colaborar no evento xunto co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Sumámonos a esta iniciativa solidaria, achegando o noso apoio a unha causa tan necesaria

Os días 29 e 30 de maio tivo lugar no Liceo de Ourense o Encontro Anual da Plataforma Tecnolóxica do Viño. A D.O. Ribeira Sacra estivo representada pola técnica do Consello, Dna. Ana Belén López Pardo,quen participou no acto de exposición e degustación de viños da denominación

Noraboa ás adegas premiadas nos Premios Baco 2024! 🥇 Baco de Ouro Bodega Regina Viarum  –Regina Viarum Godello 2024 🥈 Baco de Prata Bodega Regina Viarum  – Regina Viarum Mencía 2024 Adegas Petrón – Prómine 2024 Parabéns e grazas por representar tan ben a nosa denominación!

Noraboa ás adegas premiadas nos Premios Baco 2024!
🥇 Baco de Ouro
<a href="/BDReginaViarum/">Bodega Regina Viarum</a>  –Regina Viarum Godello 2024
🥈 Baco de Prata
<a href="/BDReginaViarum/">Bodega Regina Viarum</a>  – Regina Viarum Mencía 2024
Adegas Petrón – Prómine 2024
Parabéns e grazas por representar tan ben a nosa denominación!
D.O. Ribeira Sacra (@ribeirasacrado) 's Twitter Profile Photo

Hoxe a D.O. Ribeira Sacra está presente en Copenhague. As técnicas do Consello presentan os nosos viños a profesionais do país nórdico, dando a coñecer a diversidade e calidade da nosa denominación de orixe.

La Capona 2019 (100% Mencía) de Adegas Don Bernardino foi recoñecido como Best in Show nos premios Decanter World Wine Awards 2025, situándose entre os 5 mellores viños de España e os 50 mellores do mundo. Seleccionado nunha cata a cegas entre 21.244 viños de 57 países

Onde a viña case toca o río, nace un viño que non se pode entender sen a súa paisaxe. Bancais imposibles, pedra, suor e tempo.

Onde a viña case toca o río, nace un viño que non se pode entender sen a súa paisaxe.
Bancais imposibles, pedra, suor e tempo.
D.O. Ribeira Sacra (@ribeirasacrado) 's Twitter Profile Photo

Este venres 11 de xullo celebramos en Pantón a XXIX Cata de Viños da Ribeira Sacra, organizada polo Consello Regulador. Un evento co que recoñecemos a calidade dos mellores viños da colleita 2024 e destacamos o traballo das adegas da Denominación de Orixe.

Hoxe lévase a cabo o precintado das botellas que participarán na XXIX Cata de Viños da Ribeira Sacra. Este paso garante o anonimato dos viños para que o panel de cata non poida identificar nin a adega nin a marca durante as sesións de cata que se celebrarán os vindeiros días.

Hoxe lévase a cabo o precintado das botellas que participarán na XXIX Cata de Viños da Ribeira Sacra.
Este paso garante o anonimato dos viños para que o panel de cata non poida identificar nin a adega nin a marca durante as sesións de cata que se celebrarán os vindeiros días.
D.O. Ribeira Sacra (@ribeirasacrado) 's Twitter Profile Photo

Grazas a todas as persoas que participaron na XXIX Cata de Viños da Ribeira Sacra, ao panel de cata polo seu rigor e dedicación, e aos concellos e institucións que fixeron posible esta nova edición. Unha vez máis, parabéns ás adegas polos seus excelentes traballos.

O prestixioso crítico de viños Joaquín Hidalgo, editor en Vinous, está a visitar a D.O. Ribeira Sacra. Durante a súa estadía participou nunha cata técnica con 15 viños de distintas colleitas.